A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada OU-402, ao seu paso polo Concello da Arnoia. Estas actuacións foron adxudicadas á empresa F.Gómez y CIA S.L por un importe de máis de 370.000 euros. Os traballos comezan pola travesía da Arnoia coa fin de rematalos nas próximas semanas, antes do paso da Vuelta Cicilista por esta localidade.
A Axencia Galega de Infraestruturas actuará nesta estrada, concretamente no treito comprendido entre os PK 30+700 e 34. Os traballos consisten no fresado e reposición do firme naqueles puntos que se atopen deteriorados, actuando en todo o ancho do carril na maior parte do treito.
Concello de Monterrei
Por outra banda, iniciaranse as obras de rehabilitación de firme na estrada OU-143, na travesía de Albarellos, no Concello de Monterrei, coa fin de incrementar a súa seguridade. Estas actuacións de reforzo de firme realizaranse entre os puntos quilométricos 0+00 ata 2+320 da OU-143, sumando un total de 2,3 quilómetros.
Estas actuacións eliminarán as roturas e deformacións presentes na vía coa fin de mellorar a seguridade viaria. Ademais, na zona da travesía de Albarellos (PK 1+210 e PK 1+810), estenderase unha nova capa de rodadura incluíndo as zonas do aparcadoiro. Posteriormente realizaranse os traballos de repintado das marcas viais da estrada.
Estas actuacións foron adxudicadas á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras, S.A por un importe de preto 266.000 euros e contarán cun prazo de execución de 6 meses.