A Sala dos Arcos, situada nos baixos do Concello de Celanova, acolle do 5 ata o 21 a mostra do pintor Antón Barros: ‘Instantes en el tiempo’. Uns trinta traballos compoñen esta exposición de pintura que se poderá visitar de luns a venres de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas. Os sábados de 11 a 14 horas.
O artista Antón Barros é un galego nacido en San Esteban, concello de Punxín. Fillo de músico a súa profesión estivo ligada de sempre á arquitectura, con recoñecidos arquitectos ourensáns na remodelación e decoración de interiores para firmas tan recoñecidas como Adolfo Domínguez, Purificación García e Carolina Herrera. Sen deixar por iso de pintar, a súa produción artística ía vendéndoa sen chegar a expor, situación que decidiu cambiar e escoller Celanova para a presentación dos seus traballos.
Sobre as obras que exporá en Celanova Clara Martín, escritora e autora teatral ourensana, destacou que “es evidente que el artista intenta esconderse tras su obra pero Antón va mostrando poco a poco su esencia, como si pretendiera prorratear la emoción a través de los detalles, esos que te pellizcan el alma cuando los observas con atención”.