O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou este venres o concello de Avión, para coñecer de primeira mano a agrupación de voluntarios de protección civil (AVPC) e o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), así como as súas inquedanzas nesta materia.
A AVPC de Avión conta con 14 membros e foi rexistrada no ano 1998, e dende entón sigue ininterrompidamente a súa labor na prevención e intervención, no seu caso, das emerxencias, tanto no seu termo municipal como axudando aos concellos limítrofes.
No ano 2013 inicia a súa andaina o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) que ven a reforzar as actividades desenvolvidas pola AVPC incrementando a dedicación ao tratarse dun grupo de carácter profesional. Ambas entidades comparten base, medios e recursos. O GES conta agora con 9 membros e atende tamén aos concellos de Boborás e Beariz
O concello de Avión reforzou os seus medios materiais, tanto para Protección Civil como para os GES o ano pasado, cun vehículo todo terreo pick-up, un esparexador de sal e un Remolque de Emerxencias, e durante este ano poderá disponer dun novo Remolque de Salvamento e Rescate.
Dende o Goberno galego apóiase o labor do voluntariado de protección civil, en temas como a formación, axudas económicas para o funcionamento das AVPC e equipamento cedidos aos concellos para a súa utilización polas AVPC. Para iso, no 2015 iniciouse unha campaña de motivación do voluntariado que ten coma obxectivos principais pór en valor o labor altruísta e solidario de todo o persoal voluntario protección civil que na actualidade forma parte das diferentes AVPC que cobren o territorio galego.
Actualmente, a nosa comunidade conta con 220 Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, das que 73 están na provincia da Coruña, 37 en Lugo, 65 en Ourense e 45 en Pontevedra, que aunan un total de 4.527 voluntarios en toda a nosa comunidade.