O Laboratorio de ideas xuvenís posto en marcha este ano pola Concellería de Xuventude recolleu a través dun procedemento aberto un total de 80 propostas de actividades para a mocidade de Ourense. O Concello ven de rematar o proceso de valoración das propostas, e seleccionou as 25 que se incorporarán á programación de actividades municipais que comezará en outubro.
Obradoiros de manualidades como Packami e Quilling, Scrapbooking, Bixutería ou Crafty, roteiros, repostería, expresión artística: guitarra, baile, teatro, fotografía, tatuaxe, circo, ou técnicas de animación son algunhas das actividades, que se realizarán en desenvolverán principalmente no Espazo Lusquiños, ou no marco do 2º Festival urbano Cidade de Ourense.
A información detallada con horarios e datas de celebración e inscrición estará dispoñible desde mediados de setembro.
Programación de actividades Ourense Xove
Desde o mes de outubro desenvolverase unha nova edición do programa para a mocidade Ourense Xove. No marco das actividades de dinamización do Espazo Lusquiños, durante os venres e sábados dos meses de outubro e novembro, en horarios de mañá e tarde, realizaranse as seguintes propostas: «Non te quedes co sabido», que son Técnicas de Animación, Iniciación á lingua de signos, Dinámicas de grupo, e Discapacidade Ocio e Tempo Libre; «Dálle ao Miolo», con propostas como Risoterapia, Iniciación á globoflexia, Maquillaxe de Fantasía, Repostería divertida e Ganchillo XL; e «Deixa sair a estrela que levas dentro», que propón Teatro, Baile Moderno, Técnicas de Relaxación, Obradoiro de Packami e Quilling, Obradoiro de Scrapbooking, Albumes de recordos e fotos, Obradoiro de Bixutería creativa, e Obradoiro de Crafty:»Diy ou faino ti mesmo».
Fóra do Espazo Lusquiños terá lugar a actividade Roteiro Vitivinícola pola Ribeira Sacra. Dentro da programación propia do Espazo Lusquiños para a Mocidade desenvolveranse obradoiros de achegamento á guitarra, Obradoiro de manexo de móbil: NONTELIES: Dende o mobil, fotografía con mensaxe, A miña primeira minimetraxe, Ourense 360º, Panorámicas verdes, Time lapse, Do selfie ao autorretrato con-sentido e Still life, fotos de cousas que din cousas
2º Festival urbano Cidade de Ourense
A programación xuvenil inclúe tamén como unha das súas actividades máis especiais a celebración do segundo Festival Urbano Cidade de Ourense. Será os días 14 e 15 de outubro, aberto á participación de todas as persoas que o desexen, con diferentes actividades para a mocidadade, como graffiti, exhibicións de bailes e outras demostracións. A programación da xornada incorporará tamén catro actividades seleccionadas a través do Laboratorio de Ideas: Iniciación ao mundo da Tatuaxe, Obradoiro de Circo. Malabares, monociclo, pelotas, Taller de skate e Reciclaxe artístico.
A Concellería tamén está a recoller suxestións de mozos e mozas para incorporar ao festival actividades deseñadas por eles e elas entre as que estarán un combate de rap como xeito artístico de expresar emocións e do talento dialéctico e unha batalla de hip-hop dance.