A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baltar colaborarán na execución de actuacións de mellora de saneamento neste municipio.
A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, asinaron o convenio de colaboración no que se recolle este compromiso.
As obras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), pretenden eliminar e concentrar os diferentes puntos de vertido existentes ba rede de saneamento do núcleo de Baltar, canalizándoos ata a depuradora.
Dende a Consellería de Medio Ambiente destacase a importancia deste actuación, xa que ademais de garantir unha rede de saneamento para os veciños deste concello, tamén se evitan aportes ao medio natural.
Coa sinatura do convenio, Augas de Galicia poderá licitar os traballos este mesmo ano.