A Vuelta Ciclista a España chega esta fin de semana á cidade de Ourense, que acollerá o venres o Parque da proba -emprazado na Alameda- e o domingo será escenario da saída da segunda etapa da proba ciclista: Ourense, Capital Termal – Baiona. O paso da carreira pola cidade provocará restricións de tráfico durante estes días.
O venres, 19, durante todo o día, o Parque da Vuelta Ciclista a España, ocupará toda a Alameda (tanto a popularmente denominada Alameda de arriba como a de abaixo). Este feito obrigará a pechar un tramo da rúa Progreso, desde a Praza de Abastos ata Parada Justel, en sentido Xardín do Posío – centro cidade, e desde Ervedelo ata a Praza de Abastos, en sentido centro cidade – Posío.
Os vehículos que circulen en sentido centro cidade-Xardín do Posío deberanse desviar polas rúas Ervedelo, Avenida de Portugal e Marcelo Macías
Os que circulen en sentido Posío-centro cidade rodearán a Alameda a través da zona Tras Alameda e Parada Justel, por onde volverán a Progreso.
Tamén se eliminarán os estacionamentos en Tras Alameda e na rúa Parada Justel serán en liña, non en batería, e a parada de autobuses da Alameda trasládase ao intercambiador de Tras Alameda.
Sábado, 20 e domingo, 21
Durante a xornada do sábado, 21, as rúas máis próximas ao Parque de San Lázaro estarán pechadas para permitir a montaxe da saída, o domingo, da etapa da Vuelta a España.
O sábado, desde primeira hora da mañá, estarán pechadas as rúas Juan XXIII, Paseo, o tramo que non está en obras da rúa Concello e a rúa Bedoya ata Valle Inclán, Xoaquín Lourenzo e o tramo de Curros Enríquez, ata a avenida da Habana para montar a saída do domingo. Nestas rúas non se poderán estacionar.
O tráfico procedente do Xardín do Posío cara o centro cidade desviarase por Praza de Abastos, Dr Flemming, Ervedelo e Pavillón.
Saída da segunda etapa, o domingo, 21
Durante o domingo, pola mañá manteranse os cambios realizados o día anterior e o tráfico da avenida da Habana desviarase pola rúa Valle Inclán.
A etapa Ourense Capital Termal – Baiona sairá desde o Parque de San Lázaro e pasará por avenida da Habana, Pardo de Cela, Ponte do Milenio ata N-120 en sentido Vigo, onde será a saída lanzada.
A caravana da proba ciclista sairá do Parque ás 12:00 horas, e as rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico desde as 11:30. A saída dos ciclistas será ás 13:45horas. A partires das 14:30h, as rúas da cidade recuperarán a súa circulación habitual.
Desculpas polas molestias e reforzo da presenza da Policía Local
O Concello de Ourense solicita aos condutores que desculpen as molestias que ocasiónarán estas restriccións de tráfico, que resultan imprescindibles para que a cidade poda gozar como sede desta extraordinaria actividade deportiva, e roga aos condutores que, na medida das posibilidades, procuren durante estes días utilizar itinerarios alternativos ás rúas afectadas pola celebración da proba.
A Policía Local de Ourense reforzará a súa presenza nas rúas nas que se desenvolverán estas actividades, coa finalidade de velar polo seu correcto desenvolvemento e prestar a mellor orientación e servizo a peóns, condutores, organización e persoal participante na Volta Ciclista.