A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levará a cabo unha actuación para a renovación da rede de saneamento e pluviais no núcleo de Picouto, no Concello de San Cibrao das Viñas.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, asinaron o convenio de colaboración polo que se executará esta actuación en materia de infraestrutura hidráulica. O importe do convenio ascende a case 50.000 euros e as obras serán cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Na actualidade, as tubarias que conforman a rede municipal de saneamento atópanse moi deterioradas debido á súa antigüidade, polo que con esta actuación executaranse as medidas necesarias para a súa substitución, así como para canalizar as augas pluviais que na actualidade discorren na superficie e repoñer os pavimentos danados pola execución das obras.
Dende a Consellería de Medio Ambiente destacase a importancia deste actuación, xa que ademais de garantir unha rede de saneamento para os veciños deste concello, tamén se evitan aportes ao medio natural.
Coa sinatura do convenio, Augas de Galicia poderá licitar os traballos este mesmo ano.