O claustro barroco do Mosteiro de Celanova albergará o domingo 21 de agosto a primeira edición da Feira do Stock, evento que contará coa presenza de 20 stands de comercios de diferentes sectores (moda e complementos, calzado, mobles e decoración, deportes, mercería-modista, óptica, electrodomésticos…) e na que veciños e visitantes terán a ocasión de mercar produtos de diferentes sectores e de primeiras marcas, a un prezo moi reducido. E todo concentrado nun único espazo.
O evento que nace con vocación de continuidade, como colofón comercial das festas do verán, terá lugar o vindeiro domingo 21 de agosto en horario de 11:00 a 20:00 horas e incluirá unha zona gastronómica, sesión vermú con degustación de viño e outros produtos, sorteos e obradoiros infantís.
O obxectivo é que a Feira do Stock sexa un escaparate para promocionar a oferta local e a tradición comercial da vila.