A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Veiga colaborarán co fin de mellorar o abastecemento e o saneamento en distintos núcleos rurais deste municipio.
Este compromiso vén recollido no convenio que asinaron a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde, Juan Anta, onde se establece que a Xunta achegará algo máis de 81.000 euros para acometer estes traballos, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Máis en concreto, as obras centraranse en optimizar as instalacións dos núcleos de Vilaboa, Castromao, Castromarigo e Pradolongo, e mellorar así as condicións de vida dos veciños deste concello.