Unha expedicición de cincuenta nenos, de entre os 9 e 15 anos, participan do 22 ata o 27 de agosto no campamento do Parque Natural do Invernadoiro 2016.
Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os rapaces coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os mozos e co entorno.
Por este motivo, e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora, estes rapaces realizarán, a través do xogo e a diversión, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadoiro; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.
Grupo extraordinario
Debido á gran demanda alcanzada este ano a Concellería de Mocidade de Verín decidiuse organizar un novo campamento extraordinario que comezará o próximo 27 de agosto e estenderase ata o 1 de setembro, e ofertará outras cincuenta prazas.