A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asinaron un convenio de colaboración, cunha dotación global de máis de 260.000 euros, que permitirán executar un actuación en materia urbanística neste concello.
Grazas e este convenio, que se inscribe no Plan Hurbe, acometerase a rehabilitación da praza e da alameda do barrio de Covandonga. Concretamente, completarase a zona de xogos infantís con novas unidades e se creará unha nova zona para elementos biosaludables.
No caso da praza, dotarase dunha nova instalación eléctrica, soterraranse as canalizacións aéreas das redes de distribución, colocarase un novo alumeado e mellorarase os viarios do perímetro da praza a través dun novo asfaltado.