Este mércores o salón de plenos do Concello de Ourense acollía a clausura e entrega de diplomas de «Ourense Innovación 2015-2016», iniciativa formativa e de inserción laboral que se realizou durante os últimos 12 meses no Concello de Ourense coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Dos 70 participantes, 32 deles acadaron emprego, pois estaba prevista unha inserción laboral do 45%.
A iniciativa terá continuidade este ano, segundo confirmou no acto a secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca.
«Ourense Innovación» combinou orientación, aseoramento e formación para os 70 desempregados inscritos como demandantes nas oficinas de emprego da cidade de Ourense que nel participaron. En concreto, realizáronse catro cursos formativos nos sectores de comercio (marketing e publicidade), servizos (azafato e relacións públicas), vixilante de seguridade e hostalaría (cociña creativa, gastronomía e pastelería).
A secretaria xeral de Emprego puxo en valor a importancia da cooperación entre a Administración autonómica e os concellos para o desenvolvemento destes plans, aos que se suman os obradoiros de emprego, centrados na realización de obras ou na prestación de servizos de interese xeral e social. Na nova convocatoria da Xunta a cidade de Ourense contará con dous obradoiros de emprego.