Nas próximas semanas sucéndense as celebracións relixiosas nos santuarios que honran ás virxes dos Milagres e dos Remedios, xa que este 30 de agosto deu comezo a tradicional novena, que rematará en ambos casos coa celebración do día grande o 8 de setembro.
Os Milagres
No caso dos Milagres, os que o desexen poden asistir a misa todos os días ás 7:30, 8:30 , 10, 11, 12, 13, 17:30, 19:30 (tamén radiada) e 20 horas. Así mesmo haberá rezo do rosario ás 18:30 e confesións ás 7, 13:30, 16:30 e 20:15 horas.
Ademáis, haberá celebracións especias, na honra da xuventude peregrina na noite do venres 2 de setembro, con misa ás 7:30 do sábado; eucaristía por maiores e enfermos o luns 5 ás 12 do mediodía; e rosario das antorchas, o mércores 7 ás 23 horas. E o rosario da aurora rezarase nas parroquias próximas ata o 6 de setembro ás 8:30 horas.
Os actos culmirán o xoves 8 cunha festa solemne, que incluirá misa ás 12 horas seguida de procesión coa imaxe da Virxe María.
Os Remedios
O santuario dos Remedios e a parroquia de María Auxiliadora acollerán nos próximos días a celebración da tradicional novena. Así, no santuario haberá misa os días laborables, o domingo 4 de setembro e o xoves 8 ás 7:30, 8:30, 10:30, 19 e 21 horas. A maiores o día grande haberá tamén misa ás 12 e ás 18 horas.
Pola súa banda, a parroquia de María Auxiliadora acollerá misa os días laborables ás 8, 9, 12:30 e 20 horas; e o domingo 4 e o xoves 8 de setembro ás 9, 11, 13 e 20 horas.
Así mesmo, rezarase o rosario antes das eucaristías e haberá confesións.