Non saíron contentos os membros da directiva da Unión Deportiva Ourense trala reunión que mativeron co alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Desde o club queixanse do trato discriminatorio que está a sufrir a entidade en canto ao reparto de instalacións deportivas para poder adestrar; e mostrar o seu pesimismo de que vaia a cambiar.
O presidente da UD Ourense, Modesto García, mostrabase contrariado tralo encontro co alcalde (tamén estaba o novo xerente do Consello Municipal de Deportes e o administrador). «Saímos como entramos. Os políticos botan as culpas aos técnicos e estes aos políticos», explicaba.
Tampouco entenden por que o Consello Rector do CMD aprobou os criterios para a concesión de campos para adestrar. «Eles -os membros da oposición do Consello Rector- son tan culpables como os outros. Teñen maioría absoluta e votaron a favor duns criterios que nos perxudican», apuntaba García Puga que proseguía «o funcionario pode opinar ou informar, pero os que firmar e aproban as cousas deben lelas».
En caso de que as cousas continúen como ata agora, e vexan que non teñen equidade con outros clubs á hora de ter horarios para adestrar, a UD presentará denuncia nos xulgados. «Queremos ter un trato xusto con respecto a outros equipos. Que haxa equidade», reclamaba o presidente.
En canto aos baremos que miden para conceder as instalacións, o vicepresidente unionista, Damián Domínguez queixábase de que «os baremos de antigüidade e categoría desde o goberno municipal din que foi idea do PSOE, cousa que negan desde o partido socialista».
Pola súa banda, Antonio Dacosta criticaba como os criterios valen nuns casos e noutros non. «O Carballeira, que ten a mesma antigüidade que nós está a adestrar en Oira e a UD Ourense non. Non temos nada contra a Carballeira, pero é un exemplo de como os criterios valen para uns si e para outro non», lamentabase o adestrador.