O Club Ourense Baloncesto presentou aos dous bases para a tempada 2016-2017.

Presentación dos bases

Christian Díaz e Martín Rodríguez serán os directores de orquestra do novo proxecto cobista.

Foi no Centro Médico El Carmen onde foron presentados. O técnico Gonzalo García de Vitoria destacou aos dous xogadores aos que xa tivo baixo o seu mando; ao canario fai dúas tempada, no ascenso do equipo a ACB e ao vigués a pasada tempada cando subía do filial ao primeiro equipo.

Díaz
Christian Díaz volve sendo outro xogador; máis experimentado e cun rol totalmente distinto ao doutra vez. Pasará de ser o segundo de Pedro Rivero a ser o timón do equipo. 24 anos e toda a responsabilidade na dirección nas súas costas.

O isleño mostrabase contento por recalar de novo no Club Ourense Baloncesto.

O base asegurou, na súa presentación, que está «con ganas de que comece a Liga».

Rodríguez
O que militara o ano pasado no COB B de Liga EBA, Martín Rodríguez, da o salto ao primeiro equipo. As estrecheces económicas do club, xunto coa calidade mostrada polo xogador, son as razóns -esgrimidas polo seu técnico- polas que este ano formará parte do primeiro equipo.

O base vigués confesou que se sinte «moi orgulloso de ter esta oportunidade» e que tentará «aprender» do seu compañeiro ao que lle pide que lle «ensine» e «lle de caña».