O grupo “Os Movementes», creado dentro do programa «Iniciativa Xove» da Xunta de Galicia, trae a súa iniciativa “Gondomar en Contacto” a Ourense a próxima fin de semana. Este proxecto, que acada este ano a súa segunda edición, busca promover o interese, dentro da xuventude galega, pola danza e a natureza.
O programa de actividades, totalmente gratuitas, inclúe roteiros (co guía especializado Alexandre Paz); e clases de danza contemporánea e breakdance (impartidas por Alejandro Moya e Miguel «Zomas» Ballabriga). En Ourense, as actividades consistirán en dúas clases sobre os campos de movementos inexplorado (sábado 10 de setembro de 10 a 12 horas) e a nosa fisicalidade oculta (domingo 11 de 18 a 20 horas); así como nun roteiro polas pasarelas do río Mao en Parada de Sil (o sábado de 10 a 12 horas).
Aínda que o evento está pensado para xuventude, pode participar calquera amante da danza ou todos aqueles que queiran pasar un bo rato.
Todos os interesados poden inscribirse o obter máis información no mail osmovementes@gmail.com, na súa páxina de Facebook, na web osmovementes.wordpress.com ou no 671 695 980.