Cinco son de categoría masculina e tres de feminina.

Oito equipos no Octopus Hockey Festival

Esta vindeira fin de semana o campo de Mariñamansa acolle o XI Octopus Hockey Festival (OHF) de hoquei veterán. O venres 9 de setembro chegarán os equipos participantes á cidade para dar comezo a competición ao día seguinte. Durante todo o día do sábado 10 terá lugar a competición que se prolongará ata a mañá do domingo 11.

O formato do torneo será dunha liguiña na que xogarán todos contra todos. Proclamarase vencedor o equipo que consigua máis puntos unha vez disputado todos os encontros.

Masculino
Na competición masculina son cinco os equipos participantes. Open Vigo (Pontevedra), Sport (Portugal), Tigres All Aroundo (Holanda), Manzanares (Madrid) e o anfitrión, CD Open.

Abre a competición o sábado (9 horas) o encontro entre os equipos Open e os holandeses do Tigres Al l Around. Rematará a mesma o partido do domingo ás 12 horas entre Open e Manzanares.

Feminino
Tres son os equipos que participarán no apartado feminino. O Team Galicia (combinado de xogadoras galegas), Manzanares (Madrid) e as anfritrionas do Open. Como na masculina xogarán en formato todos contra todos sendo vencedor o equipo que logre maior puntuación.

A competición rematará o domingo ás 13 horas cun partido feminino entre o Manzanares e un combinado de xogadoras do ourensán Open e do Team Galicia.
Ao finalizar este encontro farase entrega dos trofeos.

Máis que hoquei
Este OHF chega a súa undécima edición e o fai co mesmo espírito con que naceu. Desde a directiva do club organizador buscábase realizar un evento que combinara deporte e turismo e gastronomía. Mediante o deporte do hoquei realizouse este torneo que atrae cada ano a equipos da xeografía española e europea.

Por iso, todos os ano, ademais da propia competición realízanse unha serie de actividades que dan a coñecer a cidade e os seus encantos. Este ano desde o Club Deportivo Open buscarán que os veteráns deportistas queden encantados coa vella Auria. Para elo, as actividades paralelas á propia competición pasarán por unha visita as termas das Burgas. Tamén percorrerán as rúas dos viños para tapear e cenar nalgún dos locais da zona. O domingo, unha vez rematados os partidos e xa entregados os trofeos ofreceráselles a todos os equipos participantes un xantar a base de carne ao caldeiro e polbo á feira. Todo enfocado a que estes visitantes deportistas se marchen cun bo sabor de boca e pensen en Ourense cando queiran planear algún viaxe.