Presentouse na sede da Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) a “Pasarela Verín de moda 2016” que se celebrará o día 24 de setembro, as 19:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, un evento está organizado por AEVER coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.
Á presentación acudiron o presidente de AEVER, Santos Álvarez e o xerente do colectivo, Xosé Ángel Rodicio e Manuel Varela, xerente da empresa organizadora “Axencia Luena”. Rodicio quixo facer especial fincapé en que este evento “é un apoio ó sector do comercio ca finalidade de concienciar e motivar ó conxunto da cidadanía sobre a importancia económica e social do comercio na nosa vila, que é sen lugar a dúbidas un dos principais motores da economía local”.
O sábado 10 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas, terá lugar un casting infantil -no Pavillón Municipal de Deportes- no que se seleccionarán menores, con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos, que participarán como modelos por un día na pasarela. Nese día os pais deberán cubrir una ficha de autorización co teléfono de contacto. Os nenos desfilarán e un xurado formado pola empresa organizadora irán tomando notas, e sacaranlle unhas fotos. Nos días posteriores os elixidos serán chamados directamente por as tendas para as que desfilarán.
“Hai que salientar que cada tenda tenda solicita un máximo de 6 nenos de diferentes idades, pode ser que algunhas idades non sexan solicitadas, por eso queremos agradecer a todos os nenos a súa participación e que saiban que para nós todos son modelos” recalcou Manuel Varela.
O sábado 24 de setembro, ás 19:30 horas, tera lugar a “Pasarela Verín de Moda”. Devandito evento trátase dun desfile de moda, cun alto carácter escénico, no que se amosarán distintas coleccións. No evento participarán modelos profesionais e figuras do panorama actual, especialmente galegos, de artistas nacionais. A participación de marcas, casas, deseñadores e comerciantes de renome, fará deste evento un acto altamente desexado e agardado ano tras ano, que dinamizará o mes de setembro, o mes elixido por ser o cambio de tempada para o comercio, e un mes ó que se lle quere dar protagonismo de cara ó reclamo turístico e a actividade comercial. Nesta edición a presentación correrá a cago de Diana Nogueira, presentadora e actriz viguesa, e o cantante Hugo Torreiro (participante do programa “La Voz”) porá o broche musical o evento.
O espectáculo constará dunha impresionante apertura, pases de moda das diferentes casas participantes e actuacións enfocadas a tódalas idades. “Sen dubida, a pasarela será un xigante escaparate do potencial comercial de Verín que atraerá, ademais dos cidadáns de Verín, a técnicos, modelos, artistas e foráneos que coñeceran mellor e verán a singularidade do comercio de Verín” explicou José Ángel Rodicio.
Por último, os representantes de AEVER quixeron agradecer as institucións públicas: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de Verín “xa que sen o seu apoio á nosa asociación sería imposible facer este tipo de eventos”.