Os últimos en chegar xa foron presentados. Despois de Díaz e Rodríguez presentaron a Flis e Wright; agora foi o turno de Hittle e Mitrovic.
Son dous xogadores novos nesta competición pero que, o que será o seu novo adestrador espera moito deles.
Hittle
Kyle Hittle é un aleiro norteamericano que firma o seu primeiro contrato profesional. Procedente da universidade de Incarnate Word destaca pola súa capacidade anotadora máis aló da liña de tres puntos; ademais é un bo pasador e destaca pola súa intelixencia táctica.
Gonzalo García de Vitoria estaba contento pola súa incorporación pero pedía «paciencia» cun xogador que ten que acoplarse «ao equipo, á Liga e á cidade».
Por iso, o técnico pide «tempo» para ver a mellor versión do xogador. García de Vitoria advirte que Hittle necesita un período de adaptación «grande» xa que ademais da necesidade imperiosa de aclimatarse a todo o novo vén «pasado de forma». Porén destacou que xa no primeiro adestramento de lle vía con gañas, «preguntaba moito» afirmaba o técnico.
Mitrovic
Nemanja Mitrovic tamén é un aleiro. De orixe bosnio-canadiense xogou coa Universidade de Portland (NCAA) ademais de disputar a Primeira división italiana e a griega. Os seus puntos fortes son o tiro exterior e a visión de xogo.
García de Vitoria cre que «si da o nivel que ten» o bosnio será unha «das sensacións da Liga». O seu novo adestrador confesou que o «cautivou» pero que nun primeiro momento non puideron facerse cos seus servizos. Un mes máis tarde Nemanja está en Ourense.