O comité de empresa de LINORSA manterá mañá venres 9 de setembro ás 12 horas unha reunión co alcalde de Ourense Jesús Vázquez no seu despacho da consistorial.
A entrevista, a petición da traballadoras, servirá para aclarar a situación na que se encontra actualmente o expediente de concesión da contrata de limpeza de centros de ensino de Ourense.
O comité acode á xuntanza coa mellor disposición para escoitar, e ser escoitadas, «pero tamén para manifestar o fondo malestar que existe entre o persoal ante o inminente comezo do curso escolar, o luns 12, con Linorsa a cargo do servizo».
O persoal desta empresa leva anos soportando atrasos e impagos de salarios e sufrindo problemas nas condicións laborais. A situación agravouse dende que Linorsa entrou en concurso de acredores a pasada primaversa depende dun administrador concursal. A día de hoxe as empregadas acumulan o equivalente a duas nóminas sen cobrar por distintos atrasos.