Entre as conclusións extraídas da extensa Memoria da Policía Local do ano 2015, destaca que o labor preventivo dos funcionarios policiais contra a conducción baixo os efectos do alcohol permitiu que estes delictos se reducisen significativamente en máis dun 50%, pasando dos 129 de 2014 aos 59 de 2015.
Significativa é tamén a redución no número de actos vandálicos rexistrados o ano pasado (65), dez menos que os contabilizados en 2014, destacando así os froitos das campañas de prevención realizadas por este Corpo nos últimos anos.
De feito, coa plantilla actual necesitada de máis efectivos (algo que imposibilitou nos últimos anos a lexislación estatal), realizáronse 358 dispositivos especiais en materia de seguridade vial e cidadá, cos seus correspondentes protocolos operativos.
Seguridade cidadá
No que respecta á seguridade cidadá, o número de actuacións que derivaron en dilixencias xudiciais reducíronse en 112, pasando dos 734 de 2014 ás 620 de 2015. As máis numerosas foron as infraccións penais contra o patrimonio e os daños, observándose tamén unha disminución nas dilixencias instruidas con motivo de lesións, infraccións penais contra a orde pública e quebrantamentos de medidas cautelares. Non obstante, advírtese un aumento nas denuncias por presuntas estafas.
Aumentan ademais as identificacións e detencións con relación ao ano 2014, froito da maior actividade policial neste eido, sobre todo na de prevención en materia de seguridade cidadá.
No que respecta a violencia de xénero, rexistráronse funcións de control, vixiancia e seguimento de víctimas y agresores. De feito, no que respecta a detenidos, houbo 8 máis que no ano 2014, no que se detivera a 20 presuntos agresores.
No tocante aos delictos contra a seguridade vial, un total de 186 conductores foron postos a disposición xudicial, fronte aos 241 de 2014.
Campañas de concienciación
Nas Campañas Divulgativas e de Concienciación, este apartado está referido a todas aquelas campañas efectuadas ao longo de 2015, que ten como finalidade potenciar e fomentar unha maior concienciación por parte de todos os usuarios das vías, ao marxe do labor cotiá dos funcionarios policiais en materia de tráfico e seguridade.
En total fixéronse 20 campañas e 403 controis preventivos (a maioría de alcoholemia, pero tamén de transportes, documentación e drogas). O número de controis preventivos aumentou nun 15%, mentres que o aumento en campañas foi dun 60% (destacando non só as da DGT, senón tamén campañas propias de bus, carga e descarga ou drogas).
Así mesmo, continúan a ser habituais a visitas realizas a colexios, enfocadas principalmente á prevención de atropelos. Durante 2015, participaron nesta actividade 700 rapaces, ampliando estas visitas con tres máis durante o mes de xullo a petición da Concellería de Educación.