O encontro, que será o I Trofeo Cidade de Ourense, terá lugar o mércores 14 de setembto ás 21 horas no pavillón dos Remedios.

O Sala Ourense preséntase ante a súa afección nun partido co Santiago

O equipo, que este ano dirixirá Quique, presentarase diante da súa afección no I Trofeo Cidade de Ourense.

O rival será o santiago Futsal de Primeira división e posiblemente contará con minutos para ese partido coa súa nova fichaxe, Alemao, quen xa xogara no club santiagués noutra etapa.
A entrada para este partido será gratuíta.

O Sala Ourense continúa coa súa preparación de cara o arranque ligueiro, está fin de semana, ante o Superti A Pontenova, na Terceira división.

O Sala Ourense vai a rematar unha boa pretempada que o levou a sacar boas sensacións de cara a encarar con optimismo este novo curso.

Estabilidade
Antonio Sanmiguel, presidente do club, comentou na presentación do torneo que este ano buscan «ter estabilidade institucional e deportiva» sempre traballando «desde a humildade».

O primeiro paso para esa estabilidade son as marcas privadas que apoian ao club. Para esta tempada o patrocinador principal será o Centro Médico El Carmen. O seu xerente, Carlos Morente, comentou que ao centro médico «gústalle apoiar o deporte».