No segundo partido de Liga a Unión Deportiva Ourense cede a vitoria ante o Allariz por 1-2.

Unha xornada duroulle o liderato aos homes de Antonio Dacosta nesta Primeira Galicia (denominada así desde este ano). Os franxivermellos caeron no primeiro partido ligueiro disputado no Couto, ao que acudiron uns 500 espectadores.

Dominio do balón por parte dos locais que non se materializaba en ocasións de perigo. Si que tiñan as ocasión máis claras pero apenas inquedaban a portaría rival. Foi Barreiros o que abriu o marcador para ledicia de xogadores e afeccionados alaricanos que se desprazaron ata O Couto.

Pouco durou o sorriso. Minutos máis tarde Cristian lanza ao longueiro unha falta, na que Rubén Durán está máis listo que a zaga e bate ao porteiro visitante. Con empate a un remataría a primeira metade.

No segundo período continuou a mesma tónica do primeiro tempo; dominio local e os verdinegros que agardaban agochados na súa área o despiste rival para ter a súa ocasión. E a tiveron, e non a desaproveitaron. Vilariño á contra batiu a Lucas Sierra para poñer o difinitivo 1-2.

Antes do pitido final un par de ocasións para os unionistas, unha clara de Hugo, que non moverían o marcador.

Dacosta
O técnico local lamentabase dun resultado que consideraba inxusto por como foi o partido. «Tivemos ocasión pero, a veces pasan estas cosas», xustificaba Antonio Dacosta.

Kike
O substituto neste partido de Miguel Saa, Kike, no banco alaricano estaba contento polo traballo realizado polos seus xogadores. «Fomos efectivos nas ocasións que tivemos».

Clasificación
Con este resultado a UD Ourense é sétimo con tres puntos, mentres que o Allariz é colidera a clasificación -xunto a Bande e Vilariño- con seis puntos.