O Concello de Ourense súmase un ano máis á celebración da “Semana Europea da Mobilidade” con actividades de fomento do transporte público e do uso da bicicleta, ademais de outras actividades educativas dirixidas a escolares como obradoiros de movilidades e reparación de bicicletas, charlas na Aula da Natureza de Oira e lúdicas como serán os contacontos en espazos verdes (Alameda, e Xardíns do Padre Feijóo), e deportivas con bicicleta e patíns, patinetes ou andando.
“Unha cidade sen coches”
Como novidade inclúese este ano un corte programado de tráfico, o domingo día 18, de 10 a 14 horas, dende a Praza de Concepción Arenal, rúa Pardo de Cela ata a rotonda da entrada a Ponte do Milenio como comezo desta “Semana Europea da Mobilidade” no que se vai a celebrar a I Marcha unificada pola Mobilidade do Concello de Ourense as 11h.
Ademais, haberá talleres de papiroflexia e de chapas, de reparción de bicicletas, exhibicións deportivas…
Obradoiros e contacontos
Durante toda a semana organizan ademais talleres de reparación de bicicletas para escolares de 5º e 6º de Primaria que se desenvolverán nos propios centros. Así, o luns 19 serán no Couto, o martes en San Pío X, o mércores no Amadeo Barroso e o xoves en Manuel Sueiro.
Novidade serán tamén os contacontos, que terán lugar o martes nos Xardinillos do Padre Feijóo e o xoves na Alameda. Comezarán ás 18:30 horas e durarán 40 minutos.
Pola súa banda, o mércores 21 ás 10, na Aula da Natureza en Oira impartirase unha charla para escolares sobre o cambio climático, a cargo de Marcos Tesouro, doutor en Ciencias Fisicas.
Novidade serán tamén os obradoiros sobre mobilidade que se van a desenvolver na Praza Maior e dirixidos aos escolares de educación infantil e primaria o día 22 de setembro pola maña, en horario de 10 a 13 horas.
Bus gratuito
A empresa concesionaria de transporte Urbanos Ourense, pon a disposición da cidadanía en xeral, a gratuidade no transporte público para o xoves 22 de setembro, con motivo da celebración do “Día europeo sen coche”.