O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou un convenio co alcalde de Maceda, Rubén Quintas, para a creación desta instalación.
As obras que se acometerán consisten principalmente en movemento de terras, rede de drenaxe e saneamento da antiga nave hípica Os Secos, ascendendo a 61.000 euros.
Esta actuación chega pola demanda macedán debido ao instaurado que está o ciclismo -sobre todo de mountain bike- na localidade ourensá.
Trátase dunha actuación innovadora en Galicia que dota ao concello dun recinto de adestramento adecuado para a mellora e perfeccionamento dalgunhas disciplinas ciclistas.
O rexedor local explicou que se acometerán as obras «de inmediato» para que poidan realizar os adestramentos os rapaces resguardándose «da choiva do inverno». Rubén Quintás afirmaba que este proxecto é «merecido» para unha localidade que conta cun club como o Ciclista Maceda «polo que levan feito ao longo de todos estos anos» sobre todo na figura de «Xulio Conde» que agota o seu tempo «no deporte base».
Pola súa banda, José Ramón Lete Lasa aseguraba que este convenio «atrae as infraestruturas á demanda existente». O secretario xeral recorbada a todas as figuras, presente e futuro, que saíron desta zona ourensán como son «Pablo Rodríguez» ou «Iván Feijoo», entre outros.