O movemento das food trucks ou cociña sobre rodas chega de novo a Ourense. Hamburguesas premium, xeados artesáns, bocadillos gourmet, ensaladas orixinais, tapas diferentes, cociña vegana e sen glute… 14 propostas culinarias diferentes é o menú que nos ofrece o primeiro Ourense Street Foud, un evento que se desenvolverá entre o 23 e o 25 de setembro na Alameda do Bispo Cesáreo.
Os seus promotores, Rubén Amorín e Cristobal Cudeiro, presentaron este martes esta oferta lúdica para a vindeira fin de semana semana no salón do plenos do Concello de Ourense, acompañados do alcalde, Jesús Vázquez, e da concelleira de Comercio, Ana Morenza.
En concreto, o Street Foud estará composto por 14 food trucks –catro deles de Ourense-, amáis dunha selección de viños do Ribeiro e vermús, un mercado de arte, moda e tendencias, e animación e obradoiros infantís. Cinco grupos –todos eles locais: Mad Mission, Soul & Roll, SuperAphonics, Os Forasteiros e The Tetas Van- porán a ambientación musical ao Street Foud.
Abrirá de 12 a 16 e de 19 a 00:30 horas os tres días, con concertos ás 21:30 o venres e o sábado, e ás 20 horas o domingo, e sesións vermús ás 13:30 horas o sábado e o domingo.
“Unha propostas variada e complementaria ao que hai na cidade”, apuntaba Cudeiro, quen invitaba a ourensáns e visitantes “a que despidan o verán dunha forma diferente”.