Os ourensáns do Campus Ourense Rugby pagaron a novatada do debut e perderon ante un Vigo RC máis asentado no terreo de xogo e na competición.
Os golpes de castigo desnivelaron a balanza en favor dos da cidade olívica. Isto engadido a catro tarxetas amarelas e aos nervos da estrea na competición fixeron que despregaran un xogo pobre comparado co que poden dar de si. Pola súa banda, os locais demostraron a súa experiencia o que fixo que se levaran o partido
Despois de ser expulsado Pelo no minuto 5 os ourensáns recibiron un ensaio sen transformación. Os de David Monreal logran estar en partido cun ensaio de Joe con transformación de Jason (5-7). Máis tarde sería expulsado o necelandés Tui sen consecuencias no marcador na primeira metade.
No segundo tempo expulsión de Sefo que aproveitan os vigueses para ensaiar. Os golpes de castigo o souperon aproveitar os locais para o seu beneficio.
Cun continuo toma e daca nova no xogo expulsión para os ourensáns. Nesta ocasión foi Joe o que ten que abandonar o campo, o que propiciou novo ensaio e transformación para os rivais (17-7). Cinco minutos máis tarde repetiría o Vigo para elevar a vantaxe (24-7). Ante do final do encontro ensaio de Tui e transformación de Moi para poñer o 24 a 14.
Sendos golpes de castigo para un e outro bando fixo que o marcador se quedara nun 27-17 para os locais. O Campus Uni Ourense Coosur deberá soltar os nervos do debut e comezar a despregar o xogo que sabe realizar.
Debut en casa
Este sábado 24 de setembro será un día histórico para a entidade ourensá. O Campus Ourense xogará na casa na segunda xornada da División de Honra B de rugbi. O partido terá lugar a partir das 16 horas no campo da universidade. O rival será o El Salvador B.