Preto dun milleiro de rapaces participan esta fin de semana en Velle no V Memorial Manolo Carrera.
O torneo, que está organizado polo CD Velle, contará coa presenza de 36 conxuntos de categoría pre benxamín (6-7 anos) e benxamín (8-9 anos).
Os clubs participantes proveñen de toda Galicia, entre eles o Deportivo da Coruña, Celta de Vigo ou CD Lugo, xunto a outros coma Pabellón ou Barbadás. Mediranse, todos eles, en formato liga
O presidente do CD Velle, David Hermida, animou -durante a presentación do evento- a todos os ourensáns a achegarse até o campo do Monte da Aira a participar da “festa do fútbol de base”. Como vén sendo habitual nas últimas edicións do memorial, haberá unha carpa con comida para os asistentes e bo ambiente.