O Ourense por Barrios de setembro, xa na rúa

Os candidatos por Ourense ás eleccións ao Parlamento de Galicia son a imaxe de portada do número de setembro de Ourense por Barrios.

Ourense por Barrios adianta a súa saída para incluír un especial eleccións con entrevistas aos candidatos dos principais partidos que se presentan na nosa provincia ás eleccións do 25 de setembro: Marisol Díaz, do PP, Noela Blanco, do PSdeG, Ánxeles Cuña, de En Marea, Noa Presas, do BNG, Miguel Caride, de Democracia Ourensana, Xosé Mosquera, de Compromiso por Galicia,  Carlos Vázquez, de Ciudadanos, Eladio Fernández, de VíaNova Galicia, e Emilio de Miguel, do PCPE.

 

No interior da publicación, damos conta do anuncio da Xunta dun investimento de 1,6 millóns de euros para un novo museo en Ourense, e da decisión do Goberno municipal de volver ao estacionamento en liña na rúa Concello. A urbanización da contorna do centro de saúde do Couto, que segue pechado, é outro dos referentes informativos deste número, no que tamén informamos sobre a xestión turística da Catedral. Amáis, os novos empresarios de AJE Ourense fan balance da súa actividade e a CIG analiza a situación socioeconómica da provincia, con datos demoledores.

Na sección de ocio e cultura, recollemos boa parte da actividade cultural prevista na cidade para vindeiras datas, e en deportes, seguimos a actualidade do COB.

Todo isto e máis, podes lelo no seguinte enlace.