Será este venres 23 de setembro ás 21 horas no Auditorio.

Sarabela Teatro estrea “Normas para saber vivir na sociedade actual”

A compañía ourensá Sarabela Teatro estreará este venres 23 de setembro, ás 21horas no Auditorio Municipal a súa nova produción: “Normas para saber vivir na sociedade actual”, unha obra de Jean-Luc Lagarce, dirixida por Ánxeles Cuña, con Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fernando Dacosta e Vadzim Yukhnevich.

A obra, escrita en 1993 polo autor contemporáneo máis representado en Francia, Jean-Luc Lagarce é una sátira social. Divertimento irçonico e crítica feroz a una sociedade que, coas súas normas e hipocrisía, afástase dos sentimentos humanos.

Así mesmo o obra repetirase o sábado  e o domingo ás 20:30 horas.

As entradas, á 6 euros, pódense adquirir en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.