O Consello Regulador da D.O. Valderras intensifica, na presente tempada de vendima (que se xeralizará na comarca durante a fin de semana), os labores de control sobre a orixe do produto amparado con respecto a anos precedentes. Velar polo cumprimento da normativa que rexe a D.O. no que respecta ao cultivo das variedades autorizadas e preferentes na zona e, tamén, durante o seu proceso de transformación en bodega é unha das misións fundamentais do Consello Regulador.
Neste sentido, xunto ao equipo técnico do Consello Regulador traballan este ano membros do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense, encargados de realizar labores de ordenación e control da viticultura na comarca. Paralelamente, o presidente da D.O. Valdeorras vén de participar recentemente nunha xuntanza na Subdelegación do Goberno en Ourense, na que tamén tomaron parte representantes doutras denominacións de orixe vinícolas da provincia e na que se acordou intensificar os controis que eviten a entrada de uvas non autóctonas nos territorios amparados. Neste sentido, estase a contar coa plena colaboración dos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Xunto a isto, Francisco García, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, sinala que se para determinar parámetros analíticos que axuden a garantir a orixe do producto amparado.