Chega unha nova xornada da Primeira división de fútbol sala. O Cidade das Burgas repite por segunda vez consecutiva como local ao recibir, nesta ocasión, ao Futsi. O Ourense Envialia o fai como visitante na cancha do Txantrea.
As de Manolo Codeso, despois da vitoria da pasada fin de semana, chegan coa moral alta. A pesar de que non será sinxelo tratarán de poñerlle todas as trampas posibles a un dos mellores equipos da competición. O Futsi chega a Ourense, como cada ano, coa vitola de favorito. A súa plantilla non deixa dúbidas e será un dos equipos que loite polo título.
Porén as franxivermellas tentarán aproveitar as súa opcións; tentarán de levar o xogo ao seu terreo buscando sorprender con pases longos e rápidos contragolpes. En máis dunha ocasión as ourensás deron algún disgusto ás madrileñas.
O Ourense Envialia repite como visitante. Nesta ocasión visita a cancha do Txantrea un equipo recén ascendido que aíndo non sumou ningún punto no que vai de liga. Pola súa banda as de Chipi suman catro puntos nestas dúas primeiras xornada.
As albinegras non renunciarán ao seu estilo de xogo e irán a polo partido desde o pitido inicial cunha forte presión sobre as rivais.
Terceira división
Na Terceira división masculina o Sala Ourense debuta na casa este domingo a partir das 12 horas (Os Remedios) diante do Ribeira. O Carballiño visita ao Pazos de Borbén.