O Cidade As Burgas caeu con honores diante do Futsi. 1 a 3 foi o resultado final.
Presumíase que tocaba goleada cando aos 15 segundos de encontro un gole de María Pelegrini poñía en vantaxe ás madrileñas. Pero nada máis lonxe da realidade. O Cidade estivo moi correcto en defensa o que propiciou que o marcador non se volvera a mover ata os últimos minutos da primeira metade.
No minuto 17 de encontro María Sanz facía o 0-2 e Ari, un minuto despois, o 0-3. Así remataría a primeira metade.
Na segunda grazas a que as de Codeso mantiñan o nivel defensivo e a unha certa relaxación nas xogadoras do Futsi fixo que Antía (substituta de Ana Lastra baixo paos) non tivera que recoller máis balóns no fondo na malla.
Quen si marcou foi o Cidade por mediación de María Arias a dous minutos do final de encontro. Unha ocasión máis para as locais antes do pitido final que quedou en nada, e os tres puntos para o Futsi. Anecdótico foi que remataron este segundo período levándose o parcial, 0-1.
Codeso viuse na obriga de realizar moita rotación para manter o nivel competitivo. As baixas de Ana Lastra e Iria Saeta lastraron a un equipo que raiou un gran nivel na maior parte dos 40 minutos, se temos en conta que moita das xogadoras apenas disputaran minutos en Primeira división.
Quinteto
Ao Cidade tocoulle reinventarse nesta ocasión. Do quinteto que quedou subcampión hai dúas tempadas non había ningunha xogadora. Antía, Candela, María Arias, Nerea e Figo substituiron ás Ana, Iria, Vanessa, Nespereira e Peke.
Candela, con tan só 18 anos, púxose o equipo aos ombros e foi a veterana do equipo neste encontro. Neste comezo de tempada deu un paso ao fronte e todo fai indicar que, en breve, será unha das xogadoras a ter en conta nesta Liga.
Outra das que está dando un plus neste inicio de campionato é María Arias. A xogadora ten este ano o rol de substituir á insustituible Lucía Nespereira. A pesar do difícil da empresa, Arias está a realizar un gran arranque de tempada.
Ourense Envialia
A pesar do dominio absoluto das de Chipi o Ourense Envialia non foi quen de sacar nada máis que un empate no campo do recén ascendido Txantrea, que estrea o casilleiro de puntos.
Os goles non chegaron ata os últimos cinco minutos. Mai Garde adiantou ás locais e a falta de dous minutos, Marta Rodríguez devolvía as táboas ao electrónico. Reparto de puntos que saben a pouco ás ourensás.