Sete goles a cero con catro anotadores: Durá (3), Hugo (2), Cristian e Omar.

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

UDO - Xunqueira. RAMSÉS

A Unión Deportiva Ourense logrou a primeira vitoria na casa da tempada. Sete a cero nun partido no que os de Antonio Dacosta foron os dominadores durante os 90 minutos.

Antes da media hora de partido un pase de Cristian Dacosta chegou ás botas de Rubén Durán quen de disparo seco mandou ao fondo das mallas (1-0). O dominio seguía sendo local e dous paos -un de Adrián e outro de Diego Soto– foron o preludio do segundo da tarde; a cinco minutos do descanso Cristian firmaba o segundo.

Na reanudación de novo Durán facía o 3-0. Omar cunha obra de arte lograba o 4-0 deixando sentado ao cancerbeiro visitante. Hugo lograría o quinto gol unionista cando apenas levaba 20 minutos no campo, e o sexto -segundo da súa conta- cinco minutos máis tarde. O trigoleador Durán pecharía a goleada cando o partido estaba chegando ao seu fin, Durán desfíxose na área de tres defensores para batir ao porteiro enganándoo.

Clasificación
Tres puntos que deixan á U.D. Ourense na terceira posición con 9 puntos.

Primeiro segue sendo o Bande con 12 puntos (todos os seus partidos os conta por vitorias) e segundo é o Velle con 10 puntos.

A vindeira fin de semana os capitalinos visitan San Rosendo para medirse al Sporting de Celanova, equipo que é cuarto con oito puntos.