O sábado 24 de setembro celebrouse en Ribadavia a primeira edición deste Aberto de Xadrez.

David Gómez, primeiro vencedor do Aberto de Xadrez «Festa da Istoria 2016»

O evento reuniu, no incomparable marco da igrexa da Madalena, a 60  xadrecistas dos diferentes clubs de Galicia, ademais de representantes doutros puntos como foi o caso do Mestre arxentino Alfredo Cordero ou do xogador da federación madrileña, Daniel Táboas; éste partía no ránking inicial na primeira posición.

O nivel desta primeira edición foi tal que dos 60 participantes, 40 deles contaban con ránking internacional.

Clasificacións
Na categoría sénior o vencedor foi o actual campeón galego universitario e xadrecista do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez, con 6 dos 7 puntos posibles. A segunda posición foi para Mestre do club Blanco e Negro de Madrid, Daniel Táboas. O bronce foi para o Mestre arxentino Alfredo Cordero, e completaron o podio David Torres Domínguez, do Club Sanxenxo e Jorge Fernández Vázquez do Club Xadrez Ourense.

En categoría xuvenil o gañador foi Adrián Gómez (Xadrez Ourense), seguido de Alejandro Cervigni (do mesmo club). Raúl Martínez Peña, do Casa da Xuventude, foi terceiro. Gabriel Roma (Xadrez Ourense) obtivo o cuarto posto e Adrián Carpintero, do Ramiro Sabel de Ponteareas, foi quinto.

No que respecta á categoría infantil, o Xadrez Ourense copou o podio por completo con Martín Gómez, Marcos Vázquez e Xacobe Conde, como primeiro, segundo e terceiro, respectivamente.

Por clubs, o Xadrez Ourense foi o máis galardoado con 8 premios dos 13 en disputa.

Continuidade
Tanto a Coordinadora da Festa da Istoria como o Club Xadrez de Ourense teñen a intención de instaurar este torneo na vila de Ribadavia, para que se siga realizando nos vindeiros anos.