Tamén en portada facémonos eco da distinción que se lle fixo a Julio Fernández coa medalla Pierre de Cubertin.
En canto ao fútbol, un repaso das ligas con representación ourensá con atención especial á UD Ourense e o seu periplo pola 1ª Galicia. Os primeros pasos do Ourense Envialia e Cidade das Burgas na 1ª división de fútbol sala fan ilusionarse ás dúas afeccións. En Terceira división o Sala Ourense e Carballiño xa están en marcha.
A BTT será protagonista esta fin de semana en Cualedro e A Merca, ao igual que o trail na Ribeira Sacra. Unha pista de pump track estará en breve inaugurada en Maceda.
O Campus Ourense Rugby xa sumou a súa primeira vitoria na División de Honra B. E o fútbol gaélico anda de pretempada. O ourensán Felipe Iglesias subiu ao número un do ránking mundial de kiu jitsu.
Hoquei, natación, xadrez, boxeo francés e moito máis no número 146 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha