Desde o pasado día 1 de setembro o protocolo de seguimento do embarazo do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense oferta o Test de ADN fetal, para a detección de alteracións cromosómicas, que evita na maioría de casos a realización dunha proba, invasiva e non carente de riscos, como a amniocentese.
Para a realización do test tan só é precisa unha sinxela extracción de sangue da nai, como para unha analítica, e indicaráselle a gran parte das xestantes as que na actualidade se lles viña indicando a realización dunha amniocentese ante o risco de alteracións cromosómicas no feto, como os síndromes de Down i Edwards, e outras menos frecuentes.
Outra vantaxes da súa inclusión na oferta asistencial do CHUO é que permite ofertar un método diagnóstico fiable das cromosomopatias do feto a aquelas xestantes que, polas súas condicións médicas ou risco para o embarazo, non este aconsellada a realización dunha amniocentese.
A proba, que pode realizarse a partir da décima semana de xestación, ten unha altísima fiabilidade -do 99% no caso do Síndrome de Down- sendo notablemente eficaz na detección de anomalías nos cromosomas 18 (Síndrome de Edwards) e 13 (Síndrome de Patau), tamén con elevada sensibilidade, do 69%, ante outras menos frecuentes.
Control e rigor na indicación dos test
Precisamento por elo, as principais sociedades científicas e profesionais non aconsellan a realización deste test, de xeito xeneralizado a tódalas embarazadas, sen unha determinación previa do seu factor de risco, por parte dun especialista. Xa que as posibilidades dun falso positivo sitúanse nun 5%, o que conlevaría a realización dunha amniocentese, de confirmación, sen unha indicación a priori necesaria.
Hai que lembrar que a amniocentese consiste na extracción de líquido amniótico, para seu posterior estudio xenético. Pese a súa alta fiabilidade e aos niveis de seguridade, con que na actualidade esta proba se realiza, non está carente de risco, xa que, ao tratarse dunha técnica invasiva, pode presentar complicacións graves como aborto (2%) ou rotura da bolsa (1%). Asemade, de cada 20 amniocenteses que se realizan, tan só 1 é positiva a síndrome de Down, o que da idea do número destes procedementos que evitará a implantación deste novo test en Ourense.