O Ourense Envialia logrou unha vitoria cómoda diante do recén ascendido Leganés.
As de Chipi se adiantaron no marcador cun gol de Lucía pero as visitantes lograron empatar aos pouco minutos. Antes do descanso Sara Moreno dáballo vantaxe ás ourensás.
Na segunda metade Sara Moreno facía o 3 a 1 aos tres minutos da reanudación. No ecuador desta segunda metade, Marta poñía moi de cara o encontro para as locais co 4 a 1.
Sara Moreno lograba o seu particular hat-trick co quinto para as albinegras disipando as dúbidas de que equipo se levaría os puntos. Antes de rematar o encontro o Leganés facía o definitivo 5-2.
Con este resultado o Ourense Envialia é sexto con oito puntos.
Cidade As Burgas
O Cidade As Burgas visitou nesta xornada a cancha do Alcorcón de Ana Rivera e Vane Sotelo.
Ao Cidade tocoulle defender e así o fixo ata que no minuto 16 chegaría o primeiro gol local. Con esta exígua renta remataría a primeira metade.
Na continuación a ex do Cidade, Vane Sotelo, lograba o segundo tanto para o Alcorcón. Minutos máis tarde, a vantaxe era de tres goles co anotado por Desiré. E Vane Sotelo deu a puntilla ás franxiverdes co cuarto do partido e segundo da súa conta.
As de Manolo Codeso son décimas con tres puntos.
Terceira división
Na Terceira división tocaba esta xornada derbi ourensán. O Paco Chao era o escenario do encontro entre o Carballiño e o Sala Ourense.
Dúas metades para cada equipo. Na primeira o dominio foi dos locais ante uns imprecisos xogadores do Sala (2-1). Porén na segunda metade foi os capitalinos os que levaron as rendas do encontro e foron quen de darlle a volta ao marcador. Dous goles de Tizón nos segundos 20 minutos fixeron que os tres puntos voaran cara á capital.
O sala Ourense é cuarto con seis puntos e o Carballiño, sexto con tres.