A vitoria na casa diante de Poio fai que o Pabellón Balonmán xóguese o pase á final da Copa Federación fronte ao conjunto coruñés.

A todo ou nada en Camariñas

Gran ambiente no anexo dos Remedios para o debú do equipo masculino de Nova Xestión Pabellón cun público volcado cos locais nun partido que, a priori, se plantexaba como moi complicado por tratarse dun rival recientemente descencido da 1ª Nacional.

Ademáis co engadido da baixa de Borja no pivote e co peso de ter sufrido unha derrota no partido anterior en terras de Narón.

O partido principiou moi serio en defensa por parte do de Diego Lorenzo cunha defensa 5+1 ben estruturada tratando de complicar a circulación do balón así como os lanzamentos a distancia do equipo rival.

O bo desenvolvemento defensivo unido a rápidos contraataques propiciou vantaxes cómodas dos ourensáns de ata seis goles. Ao descanso chegouse con 18 – 12 para os locais.

Na continuación o Poio variou o sistema defensivo tratando de sorprender aos ourensáns pero nesta ocasión o equipo mostrouse moi sólido e efectivo ante a portaría contraria cunha gran actuación grupal na que brillou sobre todo o xuvenil Javi coa súa eficacia realizadora. So certos erros finais produto da relaxación de ver o partido gañado facilitou un resultado menos abultado.

Boas sensacións de todo o grupo que axudará para afrontar a difícil saída da semana vindeira á pista de Camariñas, onde se xogarán ante os locais a participación na final desta edición da Copa Federación.

Feminino
O conxunto feminino de 2ª autonómico recibía nos Remedios oa Lucus Apetéceme. Gran vitoria das de Zarra por un contundente 32 a 18 ante un rival netamente inferior.

Vantaxes importantes dende o principio para as locais e minutos para que todas as xogadoras vaian collendo a forma con vistas a partidos máis complicados; como o da vindeira xornada en Moaña.