Comezan os talleres das Escolas de Familias de Barbadás. O primeiro terá lugar o 6 de outubro ás 19 horas, baixo o título “O pasado tamén conta”, e pretende analizar a forma de educar a nenos e coñecer pautas para xerar cambios positivos.
Os talleres serán impartidos pola psicóloga Lara Arribas e a experta en coaching educativo Eva Muñoz. E terán lugar nas instalación municipais do parque da Solaina (A Valenzá).
Outros temas que se abordarán nos talleres (27 de outubro, 17 de novembro de 1 de decembro) abarcan dende as canles de comunicación cos fillos, o poder do vínculo emocional: a autoestima e a xestión de celos e enfados
Os interesados poden obter máis información na Área de Educación, no 988 246 885 ou no correo electrónico educación@barbadas.es.
Escola de Familias
A Escola de Familias é un programa de formación, organizado pola Concellería de Educación de Barbadás, encamiñado a dar respostas ás dúbidas xurdidas no proceso de educación e dotalas de recursos e orientación.
Colaboran os departamentos de Orientación dos colexios Filomena Dato, O Ruxidoiro e o IES Ferro Couselo, ademais do Espazo Infantil. E está dirixido a todas as familias do municipio con nenos nas diferentes etapas, dende o nacemento ata a adolescencia.
As familias interesadas poderán solicitar unha entrevista individual para coñecer de maneira personalizada as súas necesidades.