O Barco tamén está nunha boa posición neste inicio de tempada na Terceira división.

Un Barbadás cómodo

O Barbadás de Miki López a sexta posición da Liga con 12 puntos. Tres empates e tres vitorias (unha soa derrota) fan que o conxunto ourensán comezara con  bo pé este curso.

O empate do pasado sábado fronte ao Rápido de Bouzas así o indica. O conxunto azulón adiantouse no marcador por dúas veces pero o equipo vigués dirixido por Patxi Salinas foi quen de igualalo. Un reparto de puntos entre dous equipos que loitan nos postos de arriba.

O Barco tamén está a facer un bo comezo de Liga. A pesar da súa clasificación, 14º con oitos puntos, os de Javi Rey están a dar a sensación de equipo solvente e que pode ir a máis.

Mostra delo foi o empate da pasada xornada no partido contra un dos favoritos, Alondras. Primeiro adiantáronse os locais para, primeiro lograr o empate, e logo, poñerse por diante os baquenses. Os locais lograron empatar o que levou ao reparto de puntos.

Os de Valdeorras xogan esta xornada en Calabagueiros ante o Castro (17º); pola súa banda o Barbadás visita ao Choco (15º).

Preferente
Na Prefente dous derbis ourensáns na xornada da pasada fin de semana. O Verín logrou a primeira vitoria no terreo de xogo diante do Polígono (0-1) e o Ourense C.F. e Arenteiro firmaron táboas no Couto (0-0). O outro conxunto ourensán, o Nogueira, logrou un empate no campo do Porriño (0-0).

O Arenteiro é segundo con 13 puntos; o Ourense CF, oitavo con 9; o Nogueira, décimo con oito; o Verín, 15º con seis e o Polígono, 19º con catro puntos.

Vindeira xornada
Para esta xornada, a número sete disputaranse os seguintes encontros: Atios – Polígono; Moaña – Ourense CF; Verín – Porriño; Arenteiro – Pontellas e Nogueira – Valladares.