A Deputación de Ourense co-organiza xunto a la10planta, o “Mid Season Festival”, que terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz o vindeiro sábado, 15 de outubro, no que actuará o grupo La Unión. Esta iniciativa pretende dinamizar e promover a vida social, a cultura e o entretemento entre os ourensáns e visitantes, combinando música en vivo, dj´s e mercadillo con gastro-zona.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que con este tipo de iniciativas, “o goberno provincial dinamiza o ámbito cultural da nosa provincia, neste caso a través da música, cun festival que despois da época estival pretende atraer a numerosos visitantes a Ourense para o goce dos concertos e da nosa gastronomía”.
Ademais do grupo La Unión, tamén actuará, no marco deste festival o grupo ourensán Habitación Vudú, e o Dj´Isaac Torgal que amenizará cunha sesión especial 80´s. Na xornada os asistentes poderán gozar da gastronomía a través dos distintos postos de comida que haberá ese día na gastro-zona, xunto ao mercadillo, facendo do evento un espazo excelente para os que ata alí se acheguen.