O encontro entre o Cidade e Majadahonda cambia de día. Os encontros que disputan tanto Cidade coma Envialia na casa se xogan os sábados ás 17 horas; nesta ocasión, porén, o partido será o domingo ás 12 horas.
As de Manolo Codeso buscarán unha nova vitoria na casa. Nesta ocasión será contra o Majadahonda, un conxunto que non se lle da nada ben ás franxiverdes. Sen ir máis lonxe, a pasada xornada perderon os dous duelos que disputaron contra as madrileñas.
Unha vitoria ourensá sería importantísima para continuar na zona media da táboa. Para elo, Codeso poderá contar con Iria Saeta ausente na penúltima xorna e xogou na anterio pero lastrada fisicamente.
Ourense Envialia
O Ourense Envialia visita ao Móstoles. As mostoleñas comezaron moi ben a competición e son quintas con nove puntos, un máis que as ourensás.
O encontro chega despois de que as albinegras disiparan dúbidas da súa faceta goleadora; na pasada xornada venceron 5 a 2 ao Leganés cun «hat trick» de Sara Moreno.
Terceira división
Na Terceira división do fútbol sala feminino: Sala Ourense – Santiago Futsal B e La Peña Talleres ABC – Carballiño.
O sala Ourense coincide en horario co Cidade. O seu encontro disputarase o domingo ás 12 no anexo dos Remedios. O rival dos ourensáns é o filial do Santiago Futsal, equipo que marcha 12º cun so punto.
O Carballiño visita ao La Peña Talleres ABC, conxunto que con tres puntos é oitavo.