O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense vén de anunciar as entidades deportivas que terán axuda económica para fomentar o deporte de base na cidade
En total son 98 equipos de 30 modalidades. O Consello Reitor aprobou esta a resolución da convocatoria de subvencións para a temporada 2016/2017, que permitirá chegar a máis equipos que anos anteriores e que suman un total de 13.118 licenzas deportivas.
O importe total das subvencións ascende a un total de 605.000 euros. Será ademais nunha gran variedade de modalidades deportivas: aeromodelismo, balonmán, baloncesto, fútbol sala, fútbol, halterofilia, tenis de mesa, voleibol, ximnasia, hoquei, tiro olímpico, salvamento, waterpolo, atletismo, whu-shu, montañismo, natación sincronizada, triatlón, kick boxing, trail, taekwondo, BTT, volei praia, piragüismo, badminton, billar, rubgi, xadrez, boxeo, kung-fu, padel, loita e patinaxe en liña.
As axudas dan apoio principalmente aos gastos que lles supón a estas entidades deportivas a participación e organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial.
Adxudícanse por concorrencia competitiva. Valórase sobre todo aos equipos que teñan base (ata categoría xuvenil), este ano engadiuse como novidade a promoción do deporte entre persoas en risco de exclusión social.
Con estas axudas o Consello Municipal de Deportes quere apoiar aos clubes e entidades deportivas no marco da Lei do Deporte, e dar medios e apoio para que podan desenvolver a súa actividade, avanzar na profesionalización, ao tempo que contribuír a externalizar servizos.