A Unión Deportiva Ourense xoga este domingo contra o Viana no estadio do Couto -17:30 horas-.

Ocampo deixa a UD Ourense e regresa Senén

Samuel Seara Praia de Saint-Malo na Bretaña francesa. Máis valorada nás redes

Pablo Carballo no Machu Pichu (escollida polo xurado da Directiva da UD.Ourense).

Roberto Almeida (a máis lonxana desde o estadio do Couto).

A UD Ourense regresa á competición despois da vitoria en San Rosendo diante do Sporting Celanova. E o fai no Couto este domingo -17:30 horas- ante o Viana no que será o partido da sexta xornada.

Os unionistas marchan na segunda posición con 12 puntos polos sete do Viana, na décima praza.

Desde a directiva consideran «importantísimo non perder puntos na casa» para poder lograr o obxectivo marcado do ascenso.

Movementos
Esta semana houbo movementos na plantilla. Ocampo deixa o club e Senén regresa á que fora a súa casa. Motivos laborais son os que precipitaron a decisión do ex do Arenteiro de abandonar a disciplina do equipo; o non poder adestrar ao mesmo ritmo que os seus compañeiros fixo que o propio xogador e o adestrador tomaran a decisión.

O que si chega é Senén. O lateral despois de estar uns meses en terras madrileñas regresou a Ourense. Xa entrenou co equipo, polo que so falta que lle chegue a baixa á Federación galega para poder inscribilo e debutar. En caso de chegue antes desta fin de semana Antonio Dacosta podería convocalo para o encontro contra o Viana.

MVP
Para este partido farase entrega dos trofeos aos mellores xogadores tanto do equipo masculino coma do feminino. No mes de setembro recaeu en Rubén Durán e no feminino compartido entre Lo e Hele. Un ano máis será a web galiciadeportiva.es a que cederá os galardóns.

Concurso de fotografía
Xa se coñecen aos gañadores do concurso de fotografía que levou a cabo o club durante o verán.

Tres son os apartado e tres os gañadores: o de fotografía con máis «likes» foi para Samuel Seara, cunha foto realizada desde a Bretaña francesa; o premio do xurado (conformado pola directiva) foi para a de Pablo Carballo desde Machu Picchu (Perú) e a foto máis lonxana foi a de Roberto Almeida nunha isla da provincia tailandesa de Phuket.

Durante o partido da xornada número 8 -no Couto diante do Arnoia- farase entrega dos premios aos gañadores. O premio consta dunha camiseta e unha bufanda da tempada 2016-2017 da UD Ourense.