O Club Ourense Baloncesto xogará contra o Prat despois de viaxar o mesmo día desde A Coruña ata o aeroporto do Prat.
Toca madrugar para chegar a Barcelona, descansar un pouco, e disputar o partido.
En palabras do técnico do COB, Gonzalo García de Vitoria, o equipo «evolucionou nos adestramentos desta semana». Especial atención merece a última incorporación; García de Vitoria sinalou que verase a «outros Jukic» aínda que lle queda «moito por aprender» no aspecto táctico.
Prat
Gonzalo incidía no gran equipo que ten o rival. Mención especial facía de catro xogadores: Forcada, Ortega, Martí e Amo, considerándoos «os piares» do conxunto catalán.
Mitrovic e Díaz
O corpo técnico falou durante a semana con Mitrovic e Díaz, dous xogadores dos que se esperan que rendan a un nivel superior do demostrado durante a primeira xornada.
Con Mitrovic sacaron en conclusión que o bosnio bloqueouse nos momentos en que tiña que ser protagonista e iso fixo que realizara un mal partido.
En canto a Christian Díaz, del se agarda que cada vez teña máis minutos notables que malos minutos.