O Envialia gañou a Móstoles e xa é terceiro.

O Majadahonda tómalle a medida ao Cidade

O Cidade As Burgas ten atragantado ao Majadahonda. Proba delo foi este último partido que enfrontou ás dúas escuadras e que se saldou coa vitoria das segundas.

Os primeiro minutos foron de dominio do Cidade o que as levou a anotar o primeiro tanto, gol de Iria. Pouco a pouco o Majadahonda foi encontrándose cómodo na cancha e collendo as rendas do encontro, o que lles fixo empatar.

Os nervos entraron nas xogadoras ourensás e as madrileñas atopabanse mellor asentadas. Na medianía deste período deronlle a volta ao marcador (1-2).

As albinegras non baixaron os brazos e unha falta botada por Iria devolvía ás táboas ao electrónico. A ledicia duroulles pouco e nunha maraña de pernas un disparo colabase na portaría defendida por Ana Lastra. Antes do descanso as visitantes poñer terra de por medio co cuarto tanto.

Os primeiro minutos do segundo tempo convertéronse nun pasarrúas cun xogo moi deslabazado por parte dos dous equipos. O 2 a 5 chegou a falta de oito minutos para o final.

Os seguintes minutos foron para as de Codeso, pero sen recompensa. Tres accións que puideron recurtar distancias pero que os remates non encontraron portaría.

O asedio tivo premio a falta de cinco minutos, co Cidade apostando polo xogo de cinco, cando Candela recolleu o balón no centro da área e de forte disparo lograba o terceiro. A precipitación fixo que non souberan escoller a mellor finalización de cada xogada en superioridade ante un Majadahonda que estaba a merced do Cidade.

As albinegras seguiron empuxando incluso despois de que Nerea fora expulsada e tiveran que xogar ata o final cunha xogadora menos. María Arías marcaba un golazo que as poñía a un só gol do rival. Co Cidade volcado chega o infortunio; roubanlle o balón a Iria, que estaba realizado a función de porteira-xogadora e, a porta baleira acadan o 4-6 co que se chegaría ao final do encontro.

Envialia
O Ourense Envialia logrou os tres puntos nunha cancha complicada. Venceu ao Móstoles por dous goles a tres. Xa se sitúan na terceira posición tan só superadas polo Futsi e o Universidad de Alicante.

Cada gol das ourensás (de Sara Moreno e Marta) era contrarrestado con outro das mostoleñas. Cando parecía que o resultado sería de empate a dous un gol, a poucos segundos do final, de Bea Seijas dáballe os tres puntos ás albinegras para seguir a estela dos dous colíderes.