Este sábado ás 17 horas na central dos Remedios o Ourense Envialia recibe ao Universidad de Alicante.
A UA marcha colíder xunto ao Futsi con 15 puntos; pleno de vitorias dun equipo que este ano loitará polos postos nobres da clasificación.
O feito de enfrontarse segundo contra terceiro clasificado da pé a pensar que será un partido moi vibrante. Se a UA ten 15 puntos o Envialia suma 11.
Unha vitoria ourensá separaría aos dous conxuntos por un punto; unha vitoria visitante alonxaría ás de Chipi dos postos de cabeza. O outro líder, Futsi, enfróntase ao Majadahonda.
Cidade
O rival desta xornada do Cidade na Primeira División do fútbol sala feminino será o UCAM Murcia.
A pesar de estar en postos de descenso (19º cun so punto) o UCAM é un bo equipo que porá as cousas complicadas ás de Codeso.
O Cidade ocupa o décimo segundo posto, con tres puntos. Despois de enfrontarse a Futsi, Alcorcón e Burela, deben ir sumando puntos para non meterse no pozo clasificatorio.
Terceira división
Esta xornada na Terceira división o Sala Ourense visita ao Vilalba e o Carballiño recibe ao Bueu (sábado 16:30h, Paco Chao).