O Club Ourense Baloncesto logrou a primeira vitoria da tempada na terceira xornada de Liga diante do Castelló (82-81).
Os homes de Gonzalo García de Vitoria sumaron o seu primeiro triunfo non sen sufrimento; despois de poder romper o partido, os erros fixeron que se chegara a un final apretado.
No primeiro cuarto nin ourensáns nin castellonenses lograron facer un bo xogo. Os innumerables erros por parte dos dous equipos fixeron que se chegara ao final do mesmo con igualdade 16-16.
No segundo cuarto entraron máis enchufados os visitantes amenazando con romper o partido. Porén Kyle Hittle destapou o tarros das esencias e grazas á súa aportación anotadora logrou que o Pazo vibrara ao ver ao seu equipo con sete puntos de renda ao descanso (42-35). Neste cuarto axudaron a salvar os mobles Kapela e Martín Rodríguez (clarividente no xogo ofensivo).
Todo o bo do segundo cuarto esfumouse tralo paso por vestiarios. O Castelló tomou o mando e non so recortou a diferenza de sete puntos, senón que ademais foi quen de chegar aos últimos 10 minutos con vantaxe no marcador (55-56).
E como o partido parecía unha montaña rusa de sensacións e de xogo, no último cuarto tocaba que saíra de cara a moeda. Facilidad anotadora e boa defensa fixo que o COB tivera sete puntos de vantaxe a falta de menos de dous minutos.
Os equipo adestrado por Toni Ten non tirou a toalla, pero cando parecía que podía empatar o encontro unha serie de erros deixounos sen opcións. Vitoria do COB (82-81) para afastar pantasmas e afrontar con outra cara as próximas citas.
Guipúzkoa e Melilla
En cinco días os ourensáns teñen dúas citas complicadas. Este martes visita ao Retabet GBC, equipo que suma os seus encontros por vitorias (tres de tres). O sábado seguinte recibe a visita do Melilla de Pedro Rivero e Marcos Suka.