A primeira edición da Copa Deputación de augas abertas disputouse o pasado sábádo, 15 de outubro, en xornada vespertina.
A piscina Rosario Dueñas foi o escenario desta primeiro edición na que as bancadas estiveron repletas de afeccionados que quixeron ver de primeira man este evento no que participaban os mellores nadadores da provincia.
Ao non realizarse en augas abertas, propiamente dito, realizouse a competición polo sistema «australiano».
Método «australiano»
Este sistema consiste en que participan todos á vez ao ancho da piscina, sen corcheras. Cada vez que se chega á parede da piscina queda eliminado o último en tocala; así ata que soamente quede un. Primeiro participaron os nadadores absolutos e júnior, para facelo logo os infantís, alevíns e benjamíns.
Ao ser inicio de tempada desde a organización optouse por este sistema por varios motivos: polo atractivo da proba, e ao ser un sistema duro valeu como test para valorar o momento de forma dos nadadores.
A dureza da proba residía no pouco tempo de recuperación; os nadadores só dispuñan con descansos que ían dos vinte aos trinta segundos.
Unha das carreiras máis disputadas foi na categoría benjamín, xa que eran trinta inscritos e puxeron difícil aos xuíces do evento o labor eliminatoria.
Vencedores
En categoría absoluta/júnior o podio estivo conformado por foron Marcos García, Noel Quiroga e Ecequiel Quiroga, primeiro, segundo e terceiro, respectivamente; mentres que en mozas a orde foi Uxía Gómez, Andrea Sabuz e Paula Blanco.
Na categoría infantil os dominadores foron Santiago Gutiérrez, Raúl Civeira e Anxo Vigo, en mozos e Luz Mª Fernández, Eva Carril e Carmen Taín en mozas.
En alevín os tres primeiros postos foron para Brais Fernández, Andrés Araújo, Alexandre Ferreira; Eva Feijoo, Aldara Estévez e Arianna Méndez, respectivamente.
A categoría benxamín masculina, resultou vencedor Breogán Janeiro, seguido de Yago Quiroga e Gael López; e no feminino a orde de chegada foi Alba Alonso, Alba De la Fuente e Leila Villar.
Liga Autonómica
A próxima cita do Club Natación Pabellón Ourense será dentro dunha semana, na disputa da primeira xornada da Liga Autonómica infantil, que se disputará en Pontevedra.